A actividade gandeira achega en España ao redor dun 40% da produción final agraria. Dende o recoñecemento desta importancia, estas páxinas pretenden manter un contacto permanente e fluído co sector e cos consumidores, para cumprir o mandato europeo de producir produtos de orixe animal que sexan sans, seguros e respectuosos co ambiente.
Queremos tamén dende estas páxinas ofrecer acceso en liña ás Comunidades Autónomas e aos gandeiros a aplicacións de xestión dos seus diversos ámbitos, como o Sistema de Identificación e Movemento de Gando
(SIMOGAN)
, Sistema de Xestión de Cotas Lácteas
(SIGLAC)
, Sistema de Xestión de Primas Gandeiras
(SIDEGAN)
, etc.
Todo iso coa fin de cumprir as funcións que a Dirección Xeral de Gandería ten encomendadas, como son as de elaborar a normativa básica estatal en materia de produción e sanidade gandeira; o desenvolvemento e coordinación das actividades relacionadas coa produción gandeira e cos seus mercados, a alimentación dos animais, a súa conservación e mellora, o benestar e a protección dos animais de produción, a sanidade animal, a súa protección en fronteiras e a prevención das enfermidades; a coordinación dos laboratorios e a remoción dos obstáculos técnicos para as exportacións a países terceiros.